tes un proxecto no eido dos contidos dixitais?
buscas desenvolvelo e chegar ao mercado?
atréveste a aceptar algún dos nosos retos DiCo?

invitámoste a startups R DiCo Challenge, a aceleradora dos contidos dixitais en galicia

en que consiste?

é a aceleradora focalizada en contidos dixitais coa que R e CRTVG buscan innovar conxuntamente coa comunidade

nela atoparás:

  • icono dico challengementorización por parte do equipo de R ou CRTVG
  • icono dico challengeacceso aos medios e infraestruturas de R ou CRTVG para o desenvolvemento e proba de solucións
  • icono dico challengeapoio e titorización permanentes
  • icono dico challengeformación adaptada ás necesidades do proxecto
  • icono dico challengealternativas de financiación
  • icono dico challengevisibilidade e contactos
  • icono dico challengeun espazo de traballo no coworking de startups startups R
e sobre todo, atoparás unha saída cara ao mercado

retos

tes un proxecto para algún dos nosos retos? Leos con calma e… a por eles!

interesan as grandes audiencias dos eventos deportivos, as posibilidades dos datos e internet, e o impacto dunha experiencia televisiva ampliada, intensificada

proposto por

R

unha auténtica galaxia: televisores e operadores, millóns de usuarios e aplicacións. Este reto vai de desenvolver para Android TV. Porque o campo de xogo é inmenso

proposto por

R

se os grandes problemas do mundo fosen portas pechadas a formación sería a chave mestra que as abriría. Queres innovar desenvolvendo contidos formativos ou de divulgación científico-tecnolóxica?

proposto por

R

fai falta información para deseñar a programación, elixir o final perfecto dunha serie ou concibir o formato dun programa: o súper reto do Big Data en televisión

proposto por

reto 5

reto aberto

condición para presentarte a este reto: achegar algo novo no eido dos contidos dixitais. Non dubides de que se che pode ocorrer algo que xamais se nos pasou pola cabeza

proposto por

R

programa

por que en Galicia?

promove a iniciativa a xunta de galicia a través da axencia para a modernización tecnolóxica – amtega, que aposta polo sector dos contidos dixitais como un dos motores de innovación e crecemento para a sociedade galega

R

por que con R?

promove a iniciativa como empresa tractora R, o operador galego de telecomunicacións, que ten centenares de miles de clientes de televisión, telefonía, internet e outros servizos, e forma parte do grupo de telecomunicacións líder no norte peninsular, Euskaltel

por que con CRTVG?

patrocina un dos retos da iniciativa a corporación autonómica de radio e televisión, que ten entre as súas prioridades incorporar á televisión pública as novas tendencias tecnolóxicas aplicadas ao sector, novos modelos de creación de contidos e novas canles de distribución e solución adaptadas ás novas tendencias de consumo

reto 1
enriquecimento de contidos deportivos

deporte, datos e televisión, ese é o reto.

Interesan as grandes audiencias dos eventos deportivos, as posibilidades dos datos e internet e o impacto dunha experiencia ampliada, intensificada.

Imaxínate vendo un evento deportivo no televisor. Coa retransmisión, tes información en tempo real sobre cousas como o pulso cardíaco dos deportistas, a velocidade dun balón ou dunha bicicleta, a altura dun salto ou dunha onda, a forza do vento e a temperatura do aire, o chío dun comentarista especializado... E agora pensa na oferta de servizos que podería ir asociada en forma de xogos, publicidade, sincronización con aplicacións, elección de cámara...

Se o ves, este é o teu reto: sistemas para o enriquecemento de eventos deportivos.

reto 2
aplicacións para Android TV

Android TV é unha auténtica galaxia: televisores, operadores de televisión de todo o mundo, aplicacións, unha grande comunidade de usuarios, conexión co resto do ecosistema de Google...

Este reto vai precisamente de desenvolvementos para Android TV. E como o campo de xogo é inmenso, dámosche dúas pistas que nos parecen moi interesantes, para que non te perdas:

Primeira pista: contido xerado pola comunidade de usuarios. O televisor segue a ser a mellor pantalla da casa. Por que non compartir os meus vídeos nela?

Segunda pista: gaming. Xogar, competir, ver streamings. Pódese experimentar o gaming desde a tele?

Se todo isto te suxire algo e lle ves posibilidades, non o dubides, Android TV é o teu campo de xogo.

reto 3
contidos formativos e divulgativos innovadores

Se os grandes problemas do mundo fosen portas pechadas a formación sería o máis parecido a unha chave mestra: é seguramente o que as abra todas, sen excepción.

Este é un reto para mestres e mestras de chaves, un reto necesario. Trátase de abrir portas mellor e máis rápido... con contidos dixitais para formar ás persoas para a vida e o traballo e axudalas a entender o mundo mediante a divulgación científico-tecnolóxica.

En lugar dunha ilustración plana, unha simulación en tres dimensións. Unha voz que pregunta e responde, en vez dun documento fixo. Vivir a experiencia dun contido, velo como se estivese diante, viaxar por el, entendelo máis de cerca. Divulgar e formar coa axuda de complementos que aproveiten todas as posibilidades da realidade aumentada, a simulación tridimensional, o audiovisual, o gaming, a televisión conectada e un longuísimo e dixital etcétera.

Queres innovar desenvolvendo contidos dixitais de carácter formativo ou de divulgación científico-tecnolóxica?

A este reto faslle moita falta.

reto 4
Big Data aplicado ao consumo televisivo

Din que a paciencia é a nai da ciencia. Seguro que hai moito de verdade niso. Pero os datos son a nai do cordeiro. Se sei que chove, saio co paraugas; se sei que chove e fai vento, se cadra deixo o paraugas na casa e me poño chuvasqueiro e botas, non é?

Coa televisión, ocorre exactamente o mesmo. Convén coñecer que está a facer a meteoroloxía (e outras moitas cousas) para saber que facer cando, por exemplo, cómpre deseñar a programación, elixir o final perfecto de entre os cinco posibles da serie ou concibir o formato dun programa. Necesitamos información. Ou, mellor dito, precisamos recollela, ordenala, dixerila e tomar a correspondente decisión: a mellor posible, unha decisión informada.

Os datos están aí fora, pero hai que atopar o xeito de aproveitalos. Con varios xeitos, con medio xeito... co único xeito.

En fin, este si que é un súper reto: Big Data aplicado ao consumo televisivo.

reto 5
reto aberto

Despois de ler os catro retos anteriores quizais non teñas aínda moita gana; que non te inspiran, vaia. Se cadra son demasiado difíciles, demasiado fáciles, demasiado abertos, demasiado pechados...

Tamén temos cavilado niso, así que, se es innovador dos pés á cabeza, chegou o teu momento. Os proxectos que se presenten a este quinto reto só teñen que cumprir unha condición (unha que ten o seu, por certo): aportar algo novo no eido dos contidos dixitais.

Tal vez teñas xa no miolo, ou medio desenvolvido, un proxecto de realidade aumentada e che parece que podería encaixar. Adiante. Ou é que estás a voltas cunha idea de IoT aplicada a contidos dixitais? Fenómeno, pasa tamén. Se vai de ferramentas de animación, bravo, súmate igualmente. E se...?

A resposta sempre vai ser unha benvida. Ah, e non esquezas que se che pode ocorrer algo que xamais se nos pasou pola cabeza. Iso sería xenial.

Viva o reto aberto para ti! 😉

únete

le as bases do programa e presenta o teu proxecto a través do seguinte formulario

datos de contacto

o proxecto

o equipo

a empresa / entidade promotora

se aínda non hai unha sociedade constituída, entenderemos ao recibir este formulario que hai vontade de constituíla. Unha vez ingresedes no programa, pedirémosvos que a constituades e proporcionedes un CIF

presentación e observacións

carregar arquivo
El tamaño de la presentación no puede ser superior a 10 MB GL

se necesitas realizar algunha consulta, utiliza o seguinte correo electrónico:

dicochallenge@mundo-r.com

As webs utilizan cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e personalizar a publicidade. Se segues navegando entendemos que consentes o seu uso. Tes +info. en política de cookies Aceptar